A antesala luminosa

Editorial Xerais presenta A Antesala Luminosa, un libro pertencente á Colección Narrativa

O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o lector. Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos; están escritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo… presiden unha das historias; a outra trata sobre o amor, a convivencia, o demo, o inferno –a loucura– como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.

Folla informativa: A antesala luminosa

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • O manifesto comunista
    O manifesto comunista
    link
  • XXIV Premios Irmandade do Libro
    XXIV Premios Irmandade do Libro
    link
  • I Programa de apoio a Transformación Dixital
    I Programa de apoio a Transformación Dixital
    link
  • As túas recomendacións teñen premio!
    As túas recomendacións teñen premio!
    link
  • Guía para o descenso enerxético
    Guía para o descenso enerxético
    link
  • Día mundial del libro e do dereito de autor 2016
    Día mundial del libro e do dereito de autor 2016
    link