Amor en alpargatas

Amor en Alpargatas non é unha historia real, aínda que podería selo. Por veces, os personaxes desta novela presentan reminiscencias biográficas que facilmente resoan na nosa memoria colectiva recente.

En pouco máis de vinte minutos, no medio dun cemiterio deserto, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Ismael, un nacionalista anónimo, un de tantos bos e xenerosos que padeceron as consecuencias das loitas fratricidas que ciclicamente sacoden o nacionalismo galego. É nese contexto temporal, político e emocional no que se desenvolven as historias de amor que percorren a novela, por forza fragmentarias, obrigatoriamente parciais, mais que no seu conxunto permiten intuír unha foto fixa, se non real, si realista, dunhas vidas coas alforxas cargadas de verosimilitude.

Manuel Portas (Barcelona, 1960), arousán por ascendencia paterna e compostelán por adopción, é profesor de lingua e literatura no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago. Colaborou en diferentes obras didácticas e en publicacións de carácter pedagóxico, así como en xornais e revistas do país. A súa dedicación á análise social e á promoción do idioma, levouno a publicar Língua e sociedade na Galiza (1990), unha das obras de referencia obrigada na sociolingüística galega. Participou en política e formou parte do goberno municipal de Santiago ao longo de dous mandatos. Deuse a coñecer como novelista no ano 2010, con Denso recendo a salgado (Xerais). En 2011 publicou Un dedo manchado de tinta (Xerais) á que seguiu en 2013 Faneca brava (Xerais), finalista do Premio Xerais de Novela. Amor en alpargatas (Xerais, 2015) é a súa cuarta novela.

Vota:
Valoración 4 Voto 1
Outras recomendacións
click me
  • “Como a sombra que se va” de Muñoz Molina
    “Como a sombra que se va” de Muñoz Molina
    link
  • Un libro para cada día
    Un libro para cada día
    link
  • Medo político e control social na retagarda franquista
    Medo político e control social na retagarda franquista
    link
  • Libretas solidarias
    Libretas solidarias
    link
  • Bieito Dubidoso
    Bieito Dubidoso
    link
  • Bases Legais do concurso de fotografía “Onde o Fas ti?”
    Bases Legais do concurso de fotografía “Onde o Fas ti?”
    link