Antípodas

Editorial Xerais presenta unha nova publicación para a Colección Narrativa

Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda –o seu can–, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.

Máis información en Antípodas

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • Revista Son de Letras – Inverno 2018
    Revista Son de Letras – Inverno 2018
    link
  • Día do libro
    Día do libro
    link
  • I Programa de apoio a Transformación Dixital
    I Programa de apoio a Transformación Dixital
    link
  • Calendario Feiras Libro Novo 2018
    Calendario Feiras Libro Novo 2018
    link
  • “Nós lemos, e ti?”
    “Nós lemos, e ti?”
    link