As túas recomendacións teñen premio!

Ata o 30 de Decembro todos os usuarios poderán facer as súas recomendacións literarias a través da web da Federación no seguinte enlace: www.librarias.org/concurso
Coas súas recomendacións os usuarios axudarán a outros usuarios da plataforma a atopar a súa próxima lectura e o mesmo tempo entrarán no concurso de 5 bonos por valor de 20 € a canxear en calquera das librarías asociadas á Federación.
O sistema está optimizado para ser totalmente accesible tanto dende dispositivos móbiles coma dende ordenadores de sobremesa, e así os afeccionados á lectura en Galicia poderán desfrutar desta xenuína ferramenta estean onde estean.
Anímate, porque che pode tocar a ti!