Contos entre folerpas

Animación á Lectura Infantil

Esta  programación que ten como título “Contos entre folerpas” está deseñada para  época do ano onde os días son máis curtos, xa que hai menos horas de sol. Reunímonos na biblioteca con nenas e nenos que lles gusta a escoita de contos, lendas, poesías, teatro,…que atopamos nos distintos formatos de libros que hai na biblioteca; os cativos tamén teñen o seu tempo para falaren dos seus acontecementos, experiencias e historias que as veces son reais e a maioría das veces inventadas, onde a imaxinación de cada quen non ten límites de expresión.

Ofrecemos unha biblioteca de recursos e consulta onde os usuarios ademais de levarse libros, folletos, revistas, recursos audiovisuais no préstamo tamén poden preguntar, propoñer, suxerir,  as bibliotecarias temáticas a destacar, adquirir, actualizar coleccións, completar series.

A metodoloxía que se emprega é activa e participante, ofrecemos os usuarios a posibilidade de que nos propoñan ideas e participen do proxecto.
No programa de “Animación a  Lectura” programamos as sesións de maneira que as nenas e nenos descubran por si mesmos o potencial que teñen de imaxinación, creatividade e fantasía. Propóñense actividades de inventar contos, xogar con as palabras, crear poesías, adquirir destrezas cos talleres, ler en voz alta para familiarizarse coas lendas, dramatización das historias a través de monicreques ou de pequenas obras de teatro; na parte máis lúdica de xogos organizados potenciaremos os valores de sociabilidade e respecto cara aos demais membros.

As actividades ofreceranse nas Bibliotecas Públicas Municipais de A Carballeira, A Ponte e San Francisco, así como no Punto de Lectura Infantil. A duración das sesións serán de 90 minutos de luns a venres, cun horario de 18.00 horas a 19.30 horas e os sábados de 120 minutos en horario de 11.00 horas a 13.00 horas.

|Programas Educativos Ourense

Localización Punto de Lectura Infantil

Data 7/01/2015 - 31/03/2015

Horario Venres 18:00 - 19:30 Sábados 11:00 - 13:30

Web http://www.educacionourense.com

Vota:
Eventos máis próximos
click me
  • Calendario Feiras do Libro de Galicia 2021
    Calendario Feiras do Libro de Galicia 2021
    Galicia
    link
bola deposit pulsa bandar bola terbesar www.illion.com agen slot pragmatic judi online agen slot live skor