Día das librarías

A Federación de Librarías de Galicia únese a IV edición do Día das Librarías, unha cita que concirne a todos, similar ás que se celebran en boa parte dos países do noso ámbito, coa que se quere recordar á sociedade o peso que a libraría ten no tecido cultural dun país e a extraordinaria importancia do índice de hábitos de lectura para definir a posición dunha nación no mundo ou no contexto que lle é propio.
Os visitantes poderán obter un 5% de desconto nas compras que realicen neste día e gozar da presenza de escritores, contacontos e outros personaxes nas librarías. Além de poder participar nun concurso no Twiter e gañar un vale dos 6 vales de 160€ en libros.
Con esta celebración anual, quérese non só poñer en valor o libro, senón ademais incitar a lectores e non lectores a que reserven un oco nas súas axendas para visitar as librarías e descubrir, da man do libreiro, os mundos que o libro pon ao seu alcance, dende o convencemento de que a lectura é unha das máis enriquecedoras experiencias da vida.
Localización Todas as librarías pertencentes á Federación
Data 28/11/2014 - 30/11/2014
Horario Todo o día