Día internacional do Libro Infantil

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen. Como todos os anos, a OEPLI, xunto con CLijCAT, GÁLIX e Galtzagorri Elkartea, quere celebrar ese día no maior núm...

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.

Como todos os anos, a OEPLI, xunto con CLijCAT, GÁLIX e Galtzagorri Elkartea, quere celebrar ese día no maior número posible de poboacións, por iso convídavos a:

  • Difundin entre os nenos/as a mensaxe da escritora Luciana Sandroni e o cartel do ilustrador Ziraldo, que estará disponible para a súa descarga en www.oepli.org e www.galix.org
  • Organizar sesión de contacontos, concursos, encontros con autores/as ou a actividade de promoción da lectura que a biblioteca/libraría considere oportuno
  • Participar no concurso “ADOPTA UN ANIMAL DE CONTO”

Para calquer aclaración:

  • galix@galix.org ou no teléfono 881 996 109
  • oepli@oepli.org ou no teléfono 915 530 821

Localización Galicia

Data 2/04/2016 - 2/04/2016

Horario Todo o día

Teléfono 881 996 109

Email galix@galix.org

Vota:
Eventos máis próximos
click me