Día Internacional do Libro Infantil

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.
A OEPLI, xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e Galtzagorri Elkartea, quere celebrar ese día no maior número posible de poboacións de España.
Se eres unha libraría ou biblioteca convidámoste a participar. Tan só tes que poñerte en contacto cos medios de comunicación da túa poboación. Ademáis a OEPLI e as súas seccións territoriais remitirán tamén a información á prensa escrita e dixital, televisión, radios, etc. cos nomes e poboacións das entidades participantes que aparecerán relacionadas na web da Organización.
Consegue máis información deste evento en “Nós lemos, e ti?”