Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico

Durante 27 anos Galicia sufriu un gran descenso de natalidade. Manuel Blanco Desar, pon as cartas sobre a mesa e grazas a elas anima a buscar distintas alternativas para mellorar a situación demográfica

O presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, a Libraría Biblos e Edicións Xerais de Galicia convídavos á presentación do libro “Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico”, unha edición de Manuel Blanco Desar. Este libro recolle os resultados dos traballos fomentados polo Instituto de Estudos dás Identidades durante 2012 e 2013, ao fío dos foros sobre natalidade e vellez en Galicia. Ademáis de contar co autor da obra, tamén participarán nesta presentación Xosé Ramón Gómez BesteiroXosé Manuel González Reboredo e Manuel Bragado.

Estes datos recolléronse nas principais cidades, coa intervención de numerosos profesionais e figuras de distintos campos e colectivos. A obra compleméntase con ensaios de diferentes autores, especialistas en etnografía, economía, demografía, socioloxía e politoloxía, así como coas reflexións e achegas de representantes das forzas políticas e sociais máis singulares do país, e doutros académicos e profesionais da ciencia, o periodismo, a cultura, a arte e a empresa. Con este traballo preténdese invitar á sociedade galega a pensar no seu futuro e a actuar ante o grave desafío vital que representa a súa baixa fecundidade dende hai trinta anos -unha das tres máis baixas de Europa- e o seu correlativo envellecemento.

Os comprometidos co futuro do pobo galego demandan que se fale con claridade sobre como superar esta situación, que xa se está a prolongar durante máis de dúas décadas.

Localización Librería Biblos. Rúa Salvador de Madariaga, Nº 1, Local 4. C.P 27002 Lugo.

Data 17/12/2014 - 17/12/2014

Horario 20:00 H

Teléfono 982 224 201

Email info@labiblos.com

Web http://www.labiblos.com/

Vota:
Eventos máis próximos
click me
  • Feira do Libro de Santiago 2021
    Feira do Libro de Santiago 2021
    Santiago
    link
  • Calendario Feiras do Libro de Galicia 2021
    Calendario Feiras do Libro de Galicia 2021
    Galicia
    link