”Os fugados do Forte de Ezkaba”

A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e a Asamblea Republicana de Vigo convidan á Proxección do documental ”Os fugados do Forte de Ezkaba”.
Baixo este título, Ezkieta explicará a historia de moitos dos 795 fugados documentados que se lanzaron cara a fronteira o 22 de maio de 1938, aínda que so tres ou catro conseguiron chegar a Francia. O plan de fuga, as rutas que tomaron e a biografía dos que lograron acadar a súa meta, centrarán a conferencia.
Entre todos os fugados había 183 galegos, como o pontevedrés Amador Rodríguez, derradeiro fugado en ser capturado despois de tres meses, Leopoldo Picó, un dos cerebros da fuga, ou Antonio Valladares, outro dos organizadores. Tamén se fará fincapé no papel de diversas mulleres acusadas de complicidade que foron encarceradas.
Esta fuga ocupou no seu momento as portadas da prensa republicana e internacional, aínda que logo caeu no esquecemento e foi ocultada polos vencedores. En cifras, a fuga deixou 206 mortos enterrados nos vales entre o forte e a fronteira, 14 fusilados como dirixentes e outros 46 capturados que falecerían no forte ata 1943.
Nesta actividade participarán Telmo Comesaña Pampillón, (presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36), que presentará o acto, acompañado por Celso López Pazos, (presidente da Asamblea Republicana de Vigo).
Localización Libraría Andel do Libro
Data 13/02/2015 - 13/02/2015
Horario 20:00
Teléfono 986 239 000