Proxección do documental PORQUE NON CANTAMOS TODAS

Este traballo mostra un grupo de mulleres da aldea de Zobra na serra do Candán e a sua relación coa música no transcurso das suas vidas. A música como ponte entre dous momentos, o pasado e o presente. A música como memoria, experiencia e convivio. O traballo pretende mostrar o papel das mulleres na transmisión da música tradicional e os contextos onde esta música estaba presente. O documentario constrúe así unha narrativa colectiva sobre a música na vida destas mulleres do rural galego.
Agardámosvos!
Localización Libreria Bahia - Din&Don Jugueteria
Avenida A Mariña, 40
27780 Foz - Lugo
Data 14/03/2015 - 14/03/2015
Horario 20:00 horas
Teléfono 982 140 434
Email bahia@libreriabahia.com