Vida, memoria e literatura

Un taller para coñecer as narracións do eu, o territorio mestizo onde se cruzan a vida, a memoria e a literatura.

Programa

– Presentación
Que espera o alumnado do taller e como cre que o que aprenda pode ser de utilidade
As distintas modalidades da literatura do eu: autobiografía, memorias, novela de iniciación, diarios, autoficción…
Primeira lectura: fragmentos de Las voces baixas, de Manuel Rivas. Debate
Exercicio para a seguinte sesión: buscar unha anécdota persoal e recreala nun relato máis ou menos afastado do acontecido

– Lectura e diálogo sobre a peza escrita na primeira sesión
A familia e a infancia. A familia como gran tema literario
Condicionantes sociais, psicolóxicos, íntimos. A psicoloxía do ámbito familiar e a súa ascendencia. A recreación do fogar e os seus protagonistas: pais, nais, avós…
A atención polo miúdo como indicio revelador
Segunda lectura: fragmentos de Entresuelo, de Daniel Gascón; Novela familiar, de John Lanchester; Léxico familiar, de Natalia Ginzburg. Debate
Exercicio para a seguinte sesión: recrear o aspecto físico e a personalidade dun familiar a través do relato do seu comportamento nunha situación, unha manía…

– Lectura e diálogo sobre a peza escrita na segunda sesión
A morte. A morte de ser querido, o duelo
Do íntimo ao social: os sentimentos da perda, o fin dunha era
O paso do tempo e a condición mortal
A función catártica
Cuarta lectura: fragmentos de Nada que temer e Niveis de vida, deJulian Barnes; Tempo de vida, de Marcos Giralt Torrente; O esquecemento que seremos, de Héctor Abad; O que non ten nome, de Piedade Bonnett. Debate
Exercicio para a seguinte sesión: recrear a morte dun ser próximo ou a visión dun ritual mortuorio: velorio, enterro…

– Lectura e diálogo sobre a peza escrita na terceira sesión
Debate sobre o leido e o escrito no curso e a súa aplicación por parte de cada asistente
Posibles proxectos futuros
Balance e despedida

O taller desenvolverase todos os mércores, do 25 de febreiro ao 18 de marzo. O prezo é de 75 € e o número de prazas son 15.

|Inscrición en Servinova

*De non chegar ao número mínimo de inscricións (10 persoas), o taller cancelarase e devolverase o diñeiro da inscrición polo mesmo método por que se realizou o pagamento. En caso de cancelación, avisarase por correo electrónico ou por teléfono cun día de antelación.

Localización Sede Afundación A Coruña

Data 25/02/2015 - 18/03/2015

Horario 17:30 - 20:30

Teléfono 981 185 060

Web http://www.afundacion.org

Vota:
Eventos máis próximos
click me
  • Feira do Libro de Redondela 2021
    Feira do Libro de Redondela 2021
    Redondela
    link
  • Calendario Feiras do Libro de Galicia 2021
    Calendario Feiras do Libro de Galicia 2021
    Galicia
    link
bola deposit pulsa bandar bola terbesar www.illion.com agen slot pragmatic judi online agen slot live skor