Case corenta títulos son finalistas nos premios Follas Novas do libro galego que se resolverán en maio

Os galardóns, que cambiaron este ano de denominación, repasan as novidades do libro galego durante un ano especialmente difícil como 2020 Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020. Case corenta títulos son os finalistas dos premios Follas Novas ...

Os galardóns, que cambiaron este ano de denominación, repasan as novidades do libro galego durante un ano especialmente difícil como 2020

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020. Case corenta títulos son os finalistas dos premios Follas Novas do Libro Galego, uns galardóns que estrean denominación nesta sexta edición en homenaxe a Rosalía de Castro e que repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundo dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos. 

Os premios Follas Novas do Libro Galego terán a súa resolución nunha gala que se celebrará o vindeiro 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Esta gala será transmitida e, en función da situación pandémica do momento, poderá ter formato presencial se fose posible.

A elección dos títulos e autores que forman parte do listado de finalistas pecha a primeira parte dun proceso de selección no que as asociacións organizadoras, Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia aportaron as súas respectivas candidatas en cada un dos apartados dos premios. Unha vez elaborada a lista definitiva de finalistas, un xurado deliberará e decidirá quen son os gañadores en cada unha das categorías.

Os premios Follas Novas do Libro Galego contan co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia. 

FINALISTAS PREMIOS FOLLAS NOVAS 2021

Ensaio
Irmandiñas (Edicións Laiovento), Aurora Marco Zona a defender (Edicións Xeraisde Galicia), Manuel Rivas
Nós xsinadaptadxs. Representações, desejos e historias
LGTBIQ na Galiza (AtravésEditora), Vv. Aa. Daniel Amarelo (coord.).
 
Divulgación
Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora),
Henrique Alvarellos
Unha mente que voa (Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño
Guía definitiva dos peixes da Galiza (Soriaourensana
de Libros), Pancho Lapeña e Nacho
Munilla 
 
Narrativa
Entre donas (Baía Edicións), varias autoras
Un señor elegante (Edicións Xerais deGalicia),Suso de Toro
Para toda a vida (Aira Editorial), Eva Moreda
 
Infantil

O pintor cego (Kalandraka Editora),Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas
Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas
Mar de mazá (Editorial Galaxia), Elvira Ribeiro
 
Xuvenil
O mal querer  (Baía Edicións), Natalia Carou
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas
A nena dovestido de Flores (Aira Editorial), Manuel Fontemoura
 
Ilustrado
Contrahistorias de Galicia (Edicións Embora), Antonio Reigosa e Rita
Gutiérrez (ilus.)
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto
e Bea Gregores (ilus.)
Extra! (Kalandraka Editora), Paco Nogueiras e Marc Taeger (ilus.) 
 
Banda deseñada
Pequena historia da Coruña (Edicións Embora), Xosé Alfeirán e
Xosé Tomas
O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica) (Editorial Galaxia),
Berta Dávila e Pablo Prado
Corona-Bíos (Demo Editorial) Manel Cráneo
 
Iniciativa bibliográfica
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia)- Eva Mejuto e
Bea Gregores
Carta xeométrica de Galicia-Facsimilar (Edicións do Cerne), Domingo
Fontán
Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 (Editorial Galaxia),
Miguel A. Seixas Seoane

Tradución
Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por MiroVillar.
A nosa negra (Hugin e Munin), Harriet E.Wilson, traducido por María
Reimóndez
Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira Editorial), Kenji Miyazawa,
Miguel Robledo (ilus.), traducido por Gabriel Álvarez.
 
Poesía
Ninguén morreu de ler poesía (Edicións Xerais de Galicia), Aldaolado
A desvértebra (Chan da Pólvora), Ana Romaní
A ganancia e a perda (Kalandraka Editora), de MartínVeiga
 
Teatro
Só un home bo (EdiciónsPositivas), Raúl Dans
O charco de Ulises (Edicións Positivas-Xunta de Galicia), Santiago
Cortegoso
Melancoholemia (Kalandraka Editora), Antón Reixa
 
Libro mellor editado
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas
Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas
O bolero deRavel (Kalandraka Editora), José Antonio Abad e Federico
Delicado (ilus.)
 
Fomento da lectura
Poetas Di(n)versos
Salón do Libro Infantil e Xuvenil do Concello de Pontevedra
Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz
 
Proxecto literario na Rede
O bosque dos cromosomas, de Olga Novo
Galicia encantada, coordinador Antonio Reigosa
Nee Barros. Canle deYoutube de promoción de libros en galego
 
Xornalismo cultural
Montse Dopico
Ramón Nicolás
Ramón Rozas

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • Calendario das Feiras do libro 2016
    Calendario das Feiras do libro 2016
    link
  • Libretas solidarias
    Libretas solidarias
    link
  • Impulsamos o crédito ao comercio
    Impulsamos o crédito ao comercio
    link
  • Cuarto minguante
    Cuarto minguante
    link
  • A antesala luminosa
    A antesala luminosa
    link
  • Antípodas
    Antípodas
    link