“Como a sombra que se va” de Muñoz Molina

Muñoz Molina tras o asasino de Luther King. Unha novela apaixonante centrada na obsesión de Antonio Muñoz Molina por James Earl Ray, o asasino de Martin Luther King, un personaxe descoñecido, estraño e fascinante.

Unha novela apaixonante sobre o asasino de Martin Luther King. O 4 de abril de 1968 Martin Luther King foi asasinado. Durante o tempo en que permaneceu en fuga, o seu asasino, James Earl Ray, pasou dez días en Lisboa tratando de conseguir un visado para Angola. Obsesionado por este home fascinante e grazas á apertu ra recente dos arquivos do FBI sobre o caso, Antonio Muñoz Molina reconstrúe o seu crime, a súa fuxida e a súa captura, pero sobre todo os seus pasos pola cidade. Lisboa é paisaxe e protagonista esencial nesta novela, pois acolle tres viaxes que se alternan na mirada do escritor: o do prófugo Earl Ray en 1968; o dun mozo Antonio que en 1987 parte en busca de inspiración para escribir a novela que o consagrou como escritor, El inverno en Lisboa, e o do home que escribe esta historia hoxe dende a necesidade de descubrir algo esencial sobre estes dous completos descoñecidos. Orixinal, apaixonante e honesta, Como a sombra que se vai aborda dende a madureza temas relevantes na obra de Antonio Muñoz Molina: a dificultade de recrear fielmente o pasado, a fraxilidade do instante, a construción da identidade, o fortuíto como motor da realidade ou a vulnerabilidade dos dereitos humanos, pero cobran aquí forma a través dunha primeira persoa completamente libre que indaga de forma esencial no proceso mesmo da escritura.

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • Bieito Dubidoso
    Bieito Dubidoso
    link
  • Bases Concurso “A volta ao libro”
    Bases Concurso “A volta ao libro”
    link
  • Oso, mamá, si?
    Oso, mamá, si?
    link
  • De Cristal
    De Cristal
    link
  • Criaturas, a nova revista dixital galega de literatura infantil e xuvenil
    Criaturas, a nova revista dixital galega de literatura infantil e xuvenil
    link
  • I Gala do libro Galego
    I Gala do libro Galego
    link
bola deposit pulsa bandar bola terbesar www.illion.com agen slot pragmatic judi online agen slot live skor
judi bola slot pragmatic situs judi bola situs judi bola pragmatic play judi bola Situs Slot TOS885