De Cristal

Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as persoas

Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurralado polo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo, «O ratiño branco», comprende que non nacemos co destino marcado e que a vida ten moito de heroicidade. Amando, o do terceiro, «O gato negro», daría algo por ser como Xoán Salvador Gaivota, alguén que se esforza en superarse e acadar a liberdade. Estela, a de «Pavo real», aprenderá que a felicidade non depende da cantidade de cousas que un teña. Rafael, o do derradeiro conto, «Gulag de galgos», descubrirá a certeza da frase de Gandhi: «A grandeza e o progreso moral dun pobo poden ser xulgados pola maneira de tratar os seus animais.» Cinco relatos nos que as formas da maldade poñen a proba os medios pacíficos para resistir e superar a violencia e a intolerancia, mais que non chegan a apagar o facho que nos proporciona azos para erguernos cada día na procura da felicidade.

Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía. Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega “De Vagar” (Xerais 1999, 2003). O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005), Ti non xogas! (Xerais 2011) e De cristal (Xerais 2015).

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • Concurso de viñetas-Conmemoración 8 marzo ” Día da muller”-Deputación da Coruña
    Concurso de viñetas-Conmemoración 8 marzo ” Día da muller”-Deputación da Coruña
    link
  • Galicia encantada
    Galicia encantada
    link
  • “Como a sombra que se va” de Muñoz Molina
    “Como a sombra que se va” de Muñoz Molina
    link
  • Revista Son de Letras – Outono 2018
    Revista Son de Letras – Outono 2018
    link
  • 8º Edición Premio Arume
    8º Edición Premio Arume
    link
  • Medo político e control social na retagarda franquista
    Medo político e control social na retagarda franquista
    link