Día das Letras Galegas

O homenaxeado deste ano é o escritor, etnógrafo e político Xosé Filgueira Valverde

Xosé Filgueira Valverde (28.10.1906 – 13.9.1996) foi esencialmente traballo, ciencia e humanismo práctico. Foi dos que puxeron en práctica a idea de Cuevillas de que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira. Soubo atravesar unha ditadura, axeitándose o imprescindible ó sistema, pero sen ceder nunca do seu obxectivo de aumenta-la nosa ciencia e conciencia de Galicia, porque a ciencia e a conciencia de si é a columna vertebral de calquera pobo.

Pero Filgueira foi tamén home de acción, artellando o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, a Editorial de los Bibliófilos Gallegos; foi alcalde para facer medrar Pontevedra salvando a súa zona histórica; foi procurador en Cortes para impulsa-la mellora estrutural das cousas e conseguir nas Cortes Españolas, en pleno 1970, a presenza legal do galego no ensino. Se a isto sumámo-la obra inmensa no Museo de Pontevedra e o pulo que lle deu ó Consello da Cultura Galega, faise realidade a profecía de Bóveda de que alí onde esteña Filgueira haberá sempre un obreiro da Causa galega.

|Consello da Cultura por Xesús Ferro Ruibal

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • Galicia encantada
    Galicia encantada
    link
  • Revista Son de Letras – Outono 2018
    Revista Son de Letras – Outono 2018
    link
  • Criaturas, a nova revista dixital galega de literatura infantil e xuvenil
    Criaturas, a nova revista dixital galega de literatura infantil e xuvenil
    link
  • Libretas solidarias
    Libretas solidarias
    link
  • Augusta e os seus medos
    Augusta e os seus medos
    link
  • Día do libro
    Día do libro
    link
bola deposit pulsa bandar bola terbesar www.illion.com agen slot pragmatic judi online agen slot live skor