Dos días escuros

Dos días de anguria e soidade, escuros, xorden as preguntas e albíscase o xerme do naufraxia pero tamén a paixón para afrontar a loita

A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión. Dos días de anguria e soidade, escuros, xorden as preguntas e albíscase o xerme do naufraxio pero tamén a paixón para afrontar a loita. A resistencia non é de balde, con todo, e sempre quedará o sinal de cada negación, dos ollos indiferentes que non quixeron ver, da man desafecta que non acudiu, da súplica silenciosa que ninguén escoitou… Nunca a reconstrución será completa.

Mª Carmen Caramés Gorgal (Santa Comba, 1966) comezou a súa andaina como poeta obtendo recoñecementos do Certame Rosalía de Castro do Centro Galego de Santander (2004) e do XII Certame Manuel-Orestes Rodríguez López (2007). En 2009 gañou, ex aequo, o Premio de Poesía Victoriano Taibo con Cuarto Minguante. Como narradora foi galardoada no XXXIV Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo e no premio de relatos de muller Matilde Bares (2011).

Vota:
Valoración 5 Votos 19
Outras recomendacións
click me
  • Oso, mamá, si?
    Oso, mamá, si?
    link
  • Calendario Feiras Libro Novo 2018
    Calendario Feiras Libro Novo 2018
    link
  • kunci sukses Bandarq Online di Internet
    kunci sukses Bandarq Online di Internet
    link
  • Cuarto minguante
    Cuarto minguante
    link
  • Bieito Dubidoso
    Bieito Dubidoso
    link
  • Feiras do Libro en Galicia
    Feiras do Libro en Galicia
    link