Elixe os teus favoritos: libro, libreiro e libraría

A Federación de librarías de Galicia, organiza e encárgase do desenvolvemento do sorteo de 200 exemplares de libros entre os participantes da elección de “LIBRARÍA”, “LIBRO” e “ESCRITOR” favoritos. Para participar ...
Elixe o teu libro, libraría e escritor favorito

A Federación de librarías de Galicia, organiza e encárgase do desenvolvemento do sorteo de 200 exemplares de libros entre os participantes da elección de “LIBRARÍA”, “LIBRO” e “ESCRITOR” favoritos.

Para participar no concurso tedes que acceder a seguinte ligazón e votar ó teu libro, libraría e escritor favorito:

Páxina de participación no concurso.

Datas e ámbito de participación do concurso.

  • A participación no sorteo iniciarase o día 11 de maio e finalizará o día 30 de setembro de 2017.
  • O sorteo celebrarase o día 5 de outubro de 2017.
  • Os gañadores serán elexidos mediante un proceso automático que lle comunicará vía enderezo electrónico que obtiveron un exemplar dos 200 sorteados e dándolle instrucións de como recollelos.

Bases do concurso.

Obxeto do concurso

A Federación de Librarías de Galicia (en diante a  Federación), organiza e encárgase  do desenvolvemento do sorteo 200 exemplares de libros entre os participantes da elección de “LIBRARÍA”, “LIBRO” e “ESCRITOR”.

Nome da promoción

“Elixe os teus favoritos”

Fechas e ámbito do concurso

  • A participación no sorteo iniciarase o 11 de maio e finalizará o día 30 de setembro de 2017.
  • O sorteo celebrarase o día   5 de outubro de 2017.

O sorteo realizarase asignando un número na base de datos a cada votación.  Realizando o día do sorteo un  proceso automático que elixe aleatoriamente entre os números que conforman a base de datos os números dos gañadores.

Participantes

A convocatoria está  aberta  a  calquerapersoa física, con exclusión das     persoasxurídicas e calquera tipo de asociación.

  • Considerarase participante a toda aquelapersoa que seguindo as  instrucións de participación do concurso, estea en posesión dun correo de confirmación das sua participación.
  • Para a obtención do devandito correo previamente hase de suxerir  recomendación dunha librería, libro e escritor/a cubrindo o formulario de inscrición.
  • Cada persoa física terádereito a unha única participación, non sendo válida   a inclusión na base de datos de varios correos electrónicos por unha mesma persoa.

Descripción e mecánica da promoción

  • Os gañadores do concurso recibirán un correo electrónico notificándolles que obtiveron un exemplar dos 200 sorteados e dándollesinstrucións para poder  recollelo.
  • O procedemento de selección dos gañadoresrealizarase por medio da extracción dos seus códigos alfanumérico da base de datos onde se rexistranao participar.
  •  A recollida do libro realizarase logo da identificación do gañador, tendo que  presentar o correo electrónico en que  se  indica  que  foigañador e as instruccións para a súarecollidana libraría na cal vai realizar o troco.

Premio e especificacións do seu  uso

  • O premio a entregar, consiste en 200 libros. Sendo o número máximo de libros que pode gañar cada participante de un.
  • En ningún caso o premio ou parte deste poderá ser substituído polo equivalente en metálico.
  • Os libros poderán ser recollidos ata o 30 de novembro de 2017 en caso de non ser recollidos antes da devandita data considerase que o gañadorrexeita o premio.

Protección de datos persoais

De conformidade co establecido naLei Orgánica 15/1999,  do  13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais que vostede nos facilita serán incorporados a un ficheiro automatizado e  rexistradonaAxencia de  Protección de Datos  denominado, CLIENTES cuxo responsable é a Federación de Librarías de Galicia.

Os seus  datos  serán  utilizados para a xestión deste concurso, así como para facer comunicacións comerciais de publicacións de interese pola mesma.

  • Ao participar neste concurso  autoriza  a utilización dos seus datos persoais para o fin indicado.
  • Poderá exercer en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos polaLei, dirixíndose á  Federación de Librarías de Galicia, domiciliada en República do Salvador, 28 Entresollado, 15701 de Santiago de Compostela.
  • Se vostede, non desexa que os seus datos sexan incorporados ao citado  ficheiro para  a recepción de  información nos  termos  indicados envíe  un correo  electrónico á  Federación,  ao seguinte correo libreiros@librarias.org.

Dereito de exclusión

  • Quedan  excluídos deste concurso todos os membros da Federación de Librarías de Galicia, os seus empregados, e todas as persoas que colaboren neste concurso.
  • A Federación resérvase o dereito de rexeitar como gañadores do Concurso aos participantes:- Cando  se  identifiquen con datos falsos ouhaxa indicios que razoablementepuideran levar a pensar que  os datos son falsos. Para estes efectos, poderaseesixiraos participantes a verificación dos seus datos se o considera oportuno.- Cando, de  calquera  forma fraudulenta ou artificial,  manipulen a súa    participación no Concurso.- Cando se incumpran as  presentes bases en calquera forma.

Dereitos de imaxe 

  • A Federación resérvase o dereito de publicación e reprodución da imaxe e datos dos gañadores, en calquera medio ou soporte, coa finalidade de difusión do concurso e o seu resultado.

Modificacións do concurso

  • Se  causas de forza maior fixesen necesario aprazar, modificar, ou anular o concurso farase constar nas presentes Bases, polo que  invitamos a consultalas con posterioridade á participación.
  • A Entidade Organizadora  resérvase o  dereito de suspender, aprazar, cancelar ou modificar a duración do concurso en calquera momento, sempre que existan causas que así o xustifiquen.
  • A Federación resérvase  o dereito a  evitar  que, sobre este concurso, se  establezan sistemas de especulación ou de negocios.

A tal fin poderán exercitarse as accións legais que considere oportunas.

Exoneración de responsabilidade

  • A Federación queda exonerada de calqueraresponsabilidade que puidese derivar  do incomprimentooucumprimento defectuoso polos  participantes no Concurso das  presentes bases.
  • A Entidade Organizadora non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos oucalqueraoutra circunstancia a terceiros que poidan  afectar ao desenvolvemento do presente concurso.
  • Así mesmo, a Federación non asumirá a responsabilidade por eventuais danos e prexuízos (incluíndo o dano emerxente e o lucro cesante, pero sen limitarse a eles)  sufridos  polos premiados ou terceiros en relación co regalo ou a participación no concurso, a salvo das irrenunciables por lei.

Impostos

  • O regalo entregado encóntrase suxeito ao disposto polo  Real Decreto 439/2007 do Imposto sobre a Renda de Persoas e toda a súa normativa regulamentaria   así como calquera outra lexislación que resulte de aplicación.

Aceptación e consulta das bases

  • O mero feito de participar neste concurso implica a aceptación das  presentes Bases sen  reservas, así como  o criterio da Entidade Organizadora en canto  á resolución de calquera cuestión derivada desta.
Vota:
Outras recomendacións
click me
  • O Miño
    O Miño
    link
  • 8º Edición Premio Arume
    8º Edición Premio Arume
    link
  • Toda a información no teu móbil
    Toda a información no teu móbil
    link
  • As palabras poden matar
    As palabras poden matar
    link
  • Bieito Dubidoso
    Bieito Dubidoso
    link
  • Calendario do Libro
    Calendario do Libro
    link