Feiras do Libro en Galicia

Do 14 de abril ao 20 de setembro celebraranse ao longo de todo o territorio galego as Feiras do Libro Novo e As Feiras do Libro Antiguo e Ocasión

O 14 de abril arrancará o circuíto de Feiras do Libro que percorrerá toda xeografía galega, comezando en Pontevedra e rematando en Ourense o 20 de setembro. Para este ano están programadas un total de doce feiras, celebrándose na cidade de Pontevedra a primeira delas. Neste 2015 incorpórase a Feira do Libro de Ribeira e cae a de Ribadeo. As Feiras do Libro están organizadas pola Federación de Libreiros de Galicia e paran en diversas vilas e cidades galegas, nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, que se completa cunha extensa programación de actividades paralelas, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.

FEIRAS DO LIBRO NOVO

Pontevedra. Do 14 de abril o 19 de abril.  Ferrol. Do 22 de abril o 26 de abril.  Santiago. Do 1 de maio o 10 de maio.  Lugo. Do 12 de maio o 17 de maio.  Ourense. Do 2 de xuño o 7 de xuño.  Vigo. Do 3 e xullo o 12 de xullo.  Ribeira. Do 16 de xullo o 19 de xullo.  Rianxo. Do 23 de xullo o 26 de xullo.  A Coruña. Do 1 de agosto o 10 de agosto.  Viveiro. Do 13 de agosto o 16 de agosto.  Foz. Do 20 de agosto o 23 de agosto.  Monforte. Do 26 de agosto o 29 de agosto.

FEIRAS DO LIBRO ANTIGO E OCASIÓN

Santiago. Do 16 de maio o 31 de maio.  Pontevedra. Do 13 de xuño o 28 de xuño.  Lugo. Do 4 de xullo o 19 de xullo.  Vigo. Do 25 de xullo o 9 de agosto.  A Coruña. Do 15 de agosto o 30 de agosto.  Ourense. Do 5 de setembro o 20 de setembro.

|Fervenzas Literarias

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • Galicia encantada
    Galicia encantada
    link
  • pangkal beraksi JUDI DOMINOQQ ONLINE maksimal DAN AMAN
    pangkal beraksi JUDI DOMINOQQ ONLINE maksimal DAN AMAN
    link
  • Revista Son de Letras – Inverno 2018
    Revista Son de Letras – Inverno 2018
    link
  • Obras finalistas dos Premios da III Gala do Libro Galego 2018
    Obras finalistas dos Premios da III Gala do Libro Galego 2018
    link
  • Revista Son de Letras – Outono 2018
    Revista Son de Letras – Outono 2018
    link
  • Bases Legais do concurso de fotografía “Onde o Fas ti?”
    Bases Legais do concurso de fotografía “Onde o Fas ti?”
    link