Bahía

O venres día 31 de outubro celebrouse a inauguración da nova libraría en Foz: Libraría Baía.
Para celebrar a súa apertura quixeron celebralo con todos nós e a partir das 18:00 h deu comezo o concerto de Maxín Branco e Uxía no que presentaron cancións do seu novo disco, María Fumaça Xiqui Xoque fui fui.
Ás 20:30 da tarde comezou a proxección da película “O triste olor da carne” e seguidamente puidemos disfrutar do coloquio co seu protagonista, o actor Alfredo Rodriguez.
Sen dúbida unha inauguración ao grande, para unha libraría que nos traerá moitas novidades literarias e actividades para todas as idades.