Medo político e control social na retagarda franquista

O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950

Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo –sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expedientes de depuración, peticións de clemencia, cartas de delación…–, a información recollida por Lucio Martínez Pereda nesta obra vai máis aló dos cárceres, dos paseos nocturnos e dos pelotóns de fusilamento para estudar os aparellos represaliadores –comisións de depuración e de incautación de bens, tribunais de responsabilidades políticas e de represión da masonería– que a modo de tea de araña integraron un amplo repertorio de castigos: desde o cárcere e o desterro ata a perda das propiedades, negocios e traballos. Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra e continuado nun sistema composto de distintas formas de persecución complementarias entre si, provocou que o medo e a vontade de sobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade que permeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas da sociedade galega. O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950.

Lucio Martínez Pereda (Vigo). Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como profesor de Historia no IES Valadares de Vigo. O seu labor investigador centrouse en diversos aspectos da retagarda franquista durante a Guerra Civil: mobilización, propaganda política e depuración administrativa. Leva publicado os seus traballos en varias revistas de estudos históricos e é autor das obras La depuración franquista del Magisterio Nacional en el norte de Zamora 1936-1943 (2008), Propaganda, mobilización e cerimonias político relixiosas en Vigo durante a Guerra Civil (2011) e Medo político e control social na retagarda franquista (Xerais, 2015). Actualmente estuda a mobilización e politización de masas na fase inicial da ditadura en Galicia.

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • Antípodas
    Antípodas
    link
  • Un libro para cada día
    Un libro para cada día
    link
  • Calendario Feiras Libro Novo 2018
    Calendario Feiras Libro Novo 2018
    link
  • Case corenta títulos son finalistas nos premios Follas Novas do libro galego que se resolverán en maio
    Case corenta títulos son finalistas nos premios Follas Novas do libro galego que se resolverán en maio
    link
  • Galicia encantada
    Galicia encantada
    link
  • Dos días escuros
    Dos días escuros
    link
bola deposit pulsa bandar bola terbesar www.illion.com agen slot pragmatic judi online agen slot live skor
judi bola slot pragmatic situs judi bola situs judi bola pragmatic play judi bola Situs Slot TOS885