“Nós lemos, e ti?”

OEPLI convoca un concurso con motivo do Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma todos os anos, a OEPLI, xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e Galtzagorri Elkartea, quere celebrar ese día no maior número posible de poboacións de España e por iso nos diriximos a todas as bibliotecas, librarías e centros de ensino.

As bibliotecas e librarías que se comprometan a celebrar este día deberán poñerse en contacto cos medios de comunicación da súa poboación. A OEPLI e as súas seccións territoriais remitirán tamén a información á prensa escrita e dixital, televisión, radios, etc. cos nomes e poboacións das entidades participantes que aparecerán relacionadas na web da Organización. Como membro de IBBY (International Board on Books for Young People) e coa intención de promover o Día Internacional do Libro Infantil, a OEPLI pide ás entidades colaboradoras que fagan ampla difusión do cartel e da mensaxe para que lles chegue a todos os nenos e nenas.

Este ano, ademais, póñese en marcha un novo sistema de adhesión mediante inscrición electrónica a través da web de OEPLI.

O formulario de adhesión estará activo do día 10 de febreiro ao 27 de marzo, data límite para realizar as adhesións.

Para máis información descarga o seguinte documento: Concurso_Dia Internacional Da Literatura Infantil e Xuvenil

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • I Xornadas profesionais das librarías galegas
    I Xornadas profesionais das librarías galegas
    link
  • La salud como negocio
    La salud como negocio
    link
  • O incrible neno devorador de libros
    O incrible neno devorador de libros
    link
  • Criaturas, a nova revista dixital galega de literatura infantil e xuvenil
    Criaturas, a nova revista dixital galega de literatura infantil e xuvenil
    link
  • Calendario Feiras do libro 2017
    Calendario Feiras do libro 2017
    link
  • Cuarto minguante
    Cuarto minguante
    link