Oso, mamá, si?

Coidado... coidado, ti, lector; amodo, pois este libro que tes nas túas mans agora mesmo é fráxil coma o punto xusto máxico de unión de dúas cereixas nos días de primavera

Así é. Aínda que este Oso, mamá, si? é brutalmente sincero coma un temporal na fisterra máis atlántica e animal. O poemario, de innovadora linguaxe poética, susúrranos ao oído, moi baixiño, a maxia, por unha banda, e a brutalidade por outra, que se agocha en algo tan especial como é a maternidade. Pero non só, pois Oso, mamá, si? non é un libro sobre a maternidade… non; este novo poemario de María Lado, fala de todo iso co que irremediablemente conectamos nas nosas vidas, independentemente de quen sexamos; todo ese amor que desprendemos, o medo ao paso do tempo, a nosa evolución persoal, as dúbidas invernais, a calor que acentúa cada caricia, cada aperta… en definitiva, do longo e escarpado camiño vital que percorremos todos e cada un de nós.

María Lado (Cee, 1979) é autora de cinco títulos de poesía: A primeira visión (1997), casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2001), berlín (2005), nove (2008) e Amantes (2011). Publicou tamén o álbum infantil Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014). Poemas seus aparecen recollidos en ducias de libros colectivos e forman parte de diversas antoloxías. O seu interese polo recital poético levouna a formar parte de diferentes proxectos que exploran distintas fórmulas para o achegamento da poesía ao público maioritario. Seguindo esta idea, foi unha das fundadoras do colectivo Poetas da Hostia, creadores dos recitais-combate A hostia en verso, a poxa de poetas Vendo a miña alma e o exercicio de escrita en directo O seu poema, grazas. En colaboración coa Casa da Esquina (Coimbra) estreou o espectáculo Nove, baseado no poemario homónimo e dirixido por Ricardo Correia. Mantén dende hai dez anos varios espectáculos coa poeta Lucía Aldao, dos que salienta Onde estea un cubata que se quite un soneto, Moita poesía pouca diversión, Con dez poemas por barba ou After.

Vota:
Outras recomendacións
click me
  • Calendario Feiras Libro Novo 2018
    Calendario Feiras Libro Novo 2018
    link
  • Obras gañadoras dos Premios da III Gala do Libro Galego, 2018
    Obras gañadoras dos Premios da III Gala do Libro Galego, 2018
    link
  • A antesala luminosa
    A antesala luminosa
    link
  • Un libro para cada día
    Un libro para cada día
    link
  • Revista Son de Letras – Número 1
    Revista Son de Letras – Número 1
    link
  • As palabras poden matar
    As palabras poden matar
    link