A gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego pecharon o tempo de pandemia e recuperaron a o seu carácter presencial cunha gala no Teatro Principal de Santiago que reclamou máis atención para o sector do libro e da literatura en Galicia e lembrou a situación na que se encontra tras unha crise e unha pandemia. A gala foi presentada por AldaoLado coa participación musical do grupo Peña. Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Fedración de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.

O presidente das escritoras e escritores galegas, falando no nome das tes asociacións organizadoras realizou o discurso institucional aludindo á situación actual do mundo e necesidade de lembrar que o “sistema literario galego ten unha fráxil saúde” e precisa que se poña en marcha de vez o plan lector e que as administracións “teñan empatía co sector” e as súas necesidades”, unha petición que tamén lle fixo a cada persoa lectora do país”.

O xurado deste ano estivo formado por Inma López Silva, Miriam Ferrandáns, Pilar Sampedro, Esther Gómez, Ramón Nicolás, Charo Portel e Susana Sánchez Aríns.

Ganador@s dos Follas Novas 2022

Ensaio e investigación
Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)

Divulgación
H2… Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)Pandemias.

Narrativa
O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)

Infantil
Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)

Xuvenil
santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)

Libro ilustrado
A Coruña, por David Pintor (Kalandraka Editora)

Banda deseñada, gráfico e humor
Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)

Iniciativa bibliográfica
Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)

Obra traducida
Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)

Poesía
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)

Teatro
As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)

Libro mellor editado

PREMIOS A TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño

Proxecto literario na rede
O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.

Xornalismo cultural
Belén Regueira

Premios honoríficos

Cada unha das tres asociacións organizadoras dos premios entregou na Gala celebrada no Teatro Principal de Santiago os seus premios de honra anuais. Os premios desta edición foron para Xesús Alonso Montero, Mercedes Corbillón e Ana Luísa Amaral.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), é o Premio Honorífico da Edición da Asociación Galega de Editoras como filólogo, crítico literario, escritor, poeta, sociolingüista e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. A AGE considera que Xesús Alonso Montero é unha figura fundamental na resistencia do libro galego durante a “longa noite de pedra” do franquismo e un incansable impulsor do seu novo rexurdimento trala chegada das liberdades.

Mercedes Corbillón foi a distinguida co premio que anualmente escolle a Federación de Librarías de Galicia. A responsable de Librería Cronopios de Santiago. Segundo Ramón Domínguez, a escolla de Mercedes Corbillón como premiada débese a que “representa todo o que debe ser unha librería na actualidade tanto por actividades como pola interrelacións que consegue entre quen escribe e quen le”.

A AELG designa todos os anos un escritor/a galego/a universal. Este ano, a designación correspondeu a Ana Luís Amaral (Lisboa, 1956), poeta e profesora na Universidade do Porto, con áreas de estudo son as poéticas comparadas, feminismo e estudos queer. Segundo a poeta Marta Dacosta “Amaral é a poeta que contraria a tradición, a que reinterpreta e volve falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contraría e ironiza”