Federación de Librarías de Galicia
O 29 de outubro de 1977, constitúese a Federación de Libreiros de Galicia , como unha asociación integrada polos libreiros con establecemento aberto na Comunidade Autónoma Galega.
Obxectivos
Os obxetivos da Federación, entidades sen ánimo de lucro son:
- Promover e defender os intereses comúns dos seus membros e os intereses colectivos do sector libreiro.
- O incremento da actividade mercantil relacionada co sector.
- Defender os seus asociados contra actos de competencia desleal, intrusismo, incumprimento dos usos mercantís propios do ramo.
- Representar os intereses colectivos dos libreiros cando sexa posible conforme coa lexislación vixente, en instancias administrativas ou xurisdiccionais.
- Manter relacións cos distintos organismos e entidades, públicos ou privados, para o fomento da acción libreira, a difusión do libro e os intereses colectivos.
- Calquera outros que axuden á coordinación, desenvolvemento e propósitos xerais e específicos da función libreira.
Para o cumprimento dos seus fins, a Federación utiliza, entre outros, os seguintes medios:
- Participa, nos órganos administrativos e privados nos que se estableza a representación dos intereses relacionados co libro.
- Participa, cando sexa solicitada a súa concorrencia, na política libreira e bibliográfica e intervirá directamente naquelas actividades que afecten ó mercado do libro, á comercialización e aos intereses profesionais dos asociados.
- Fomenta e organiza feiras do libro tanto locais como de ámbito territorial da Federación.
- Organiza ou colabora na organización de actividades culturais, recreativas ou sociais.
- Con premios literarios: Premios Irmandade do Libro.
- Participación activa en datas especiais para o fomento do libro: o Día das Letras Galegas, o Día do Libro, e Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.