Máis público, mellores vendas, e, en xeral, moita satisfacción co desenvolvemento. Este é o resumo que facemos da temporada de Feiras do Libro 2023, que comezaba o pasado 21 de abril en Ferrol e remataba este 26 de agosto en Monforte de Lemos. Entre medias, Compostela, Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. En total, 14 citas centradas na conexión entre persoas lectoras e escritoras (máis de 70 en total, entre as 14 citas).

Os datos globais son incontestables: 641 sinaturas de libros, 81 máis que de 2022, cunha asistencia final de 7850 persoas, 1749 máis que no ano anterior. No tocante ao resto de actividades, ás Feiras do Libro de 2023 contaron cun total de 294 actividades, nas que participaron 8615 persoas, 22 actividades e 2097 asistentes máis que no 2022. Ademais, o 90% das librarías participantes apuntan vendas un 5% por riba dos datos do ano pasado.

En total, as 14 Feiras do Libro de Galicia deste ano contaron coa participación de 102 librarías, 16 editoriais e 13 institucións.

Este resultado, eminentemente positivo, mellora as cifras do 2022, primeiro ano considerado completamente post pandémico. “Este 2023 era a proba de lume para nós, porque as cifras do 2022 eran, evidentemente, mellores que no 2020 e no 2021, entre outras cousas, porque eses anos estiveron marcados pola crise da COVID, polo que o reto real era comprobar que, coa normalidades completamente instalada e coas cifras dun ano sen restricións como marca, eramos capaces de acadar mellores datos. E así foi”, apunta Ramón Domínguez, presidente da entidade.

Pola nosa banda, estamos xa a preparar a edición 2024 do que é un dos circuítos de feiras do libro máis importantes da península, con algunhas metas ben claras no horizonte. “Queremos mellorar a participación pública, como xa viñemos comentando. Asinar o convenio co Concello da Coruña que permita mellorar o financiamento da Feira do Libro máis grande de Galicia, atopar a localización perfecta para a Feira do Libro de Vigo, que leva anos itinerando sen atopar o espazo óptimo para a súa celebración, e lograr a participación do Concello de Ourense, un dos grandes concellos galegos, co que nos gustaría chegar a un entendemento para o financiamento do evento”, apuntan dende a directiva.

O circuíto de Feiras do Libro de Galicia conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e das catro deputacións provinciais, así como da maioría dos concellos acolledores, que participan no financiamento das actividades. Nos dous últimos anos a proposta contou tamén cun colaborador privado, Cafés Candelas, o que permitiu programar en todas a feiras interesantes charlas literarias con autores de orixe galego.