Web móvil para reserva de libros de texto 2017-2018

A Federación de Librarías de Galicia puxo en marcha para o curso escolar 2017-2018 unha web móvil para a reserva de libros de texto en calquera das librarías asociadas en toda Galicia. Trátase dunha nova ferramenta á que se pode acceder dende calquer ordenador ou teléfono móvil a través da que os pais poderán formalizar a reserva dos libros de texto dos seus fillos, sen necesidade de acudir á libraría. Únicamente deben acceder a librarias.org/reservalibrostexto, cumplimentar uns datos personais e os datos relativos ao colexio e ao curso no que se matricula o alumno.
Para facilitar a inclusión do listado de libros de texto, incorporouse unha funcionalidade a través da que o usuario pode fotografiar o listado, ou adxuntar un arquivo . Poderanse reservar libros para tódolos cursos dos ciclos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial e Educación Secundaria Obligatoria para calquer colexio de Galicia.
Esta solicitud remite automáticamente á libraría a través dun email enviado de forma automática. As librerías poderán enviar notificacións aos clientes con confirmacións de dispoñibilidade de pedidos, etc…
A recollida de libros realizarase na libraría, salvo que se acorde coa librería o envío ao domicilio.