Web móvil para reserva de libros
A Federación de Librarías de Galicia puxo en marcha unha web móvil para a reserva de libros en calquera das librarías asociadas en toda Galicia. Trátase dunha nova ferramenta á que se pode acceder dende calquer ordenador ou teléfono móvil a través da...

A Federación de Librarías de Galicia puxo en marcha unha web móvil para a reserva de libros en calquera das librarías asociadas en toda Galicia. Trátase dunha nova ferramenta á que se pode acceder dende calquer ordenador ou teléfono móvil a través da que os usuarios poderán formalizar a reserva dos libros, sen necesidade de acudir á libraría.
O proceso de reserva é moi sinxelo:
- Dende o teu móvil ou computadora entra en librarias.org/reservadelibros.
- Introduce os datos do libro (título, autor, editorial, ou poto de portada)
- Selecciona a libraría na que se recollerá e abonará a reserva realizada.
- Envía a solicitude de reserva.
- Espera a contestación da libraría indicando cando podes pasar a recoller o libro.
Recordar tamén que tamén dispomos de unha aplicación de reserva de libros de texto librarias.org/reservalibrostexto