Marta Dacosta gaña o premio de poesía Filomena Dato

A poeta Marta Dacosta proclamouse gañadora do IV premio de poesía Filomena Dato coa obra Papaventos abismados. O certame está convocado Concello de Bergondo e dotado con 2.500 euros e a publicación do volume na editorial Apiario.

O xurado, integrado por Alejandra Pérez Máquez, presidenta; e Antía Otero Rodríguez, Oriana Méndez Fuentes e Rosalía Fernández Rial como vogais, deliberou a vitoria do conxunto poético de Dacosta

O xurado destacou á hora de outorgar o galardón a este conxunto poético a valoración da “temática da demencia, a vellez, o coidado e a preparación para a perda”. Na mesma dirección, significou a forza da súa escrita.