"Onde me sinto máis cómoda é escribindo as cousas que me pasan"

Diario de dúas casas é o primeiro libro de María Villamarín (Casas da Veiga, A Limia, 1989). Publícase na colección Rúa do Lagarto de Euseino? Editores, “un rodeo fértil ao camiño recto: a escritura como anomalía”, dirixida por Berta Dávila. Villamarín formouse en xornalismo e estudos literarios na Universidade de Santiago de Compostela, traballou en comunicación e fixo música. Agora traballa na cooperativa Numax como libreira, e tamén participa da comunicación. Non levaba un diario de nena, isto de escribir en cadernos chegoulle xa na carreira, pero asegura que é un hábito que non pensa deixar. Falamos coa autora ourensá deste libro híbrido para ler repousadamente que achega as persoas lectoras ao movemento de quen sempre está indo e vindo dun lugar.

Ler a entrevista completa aquí