Charla Ninja: guía de supervivencia para artistas freelance

Tipoloxía
Faladoiro / Coloquio
Data
17/05/2024
horario
17:00 - 18:30
Localización
Travesía Camiño Vello 2, na sala de exposicións A Fábrica, 32660, Allariz, Ourense
Modalidade
Presencial
Entrada
Gratuíto
Capacidade limitada
Si
Inscrición previa
Non
Público
Adulto

Como parte do Festival da Arte da Ilustración Allariz Debuxado o venres 17 de maio teremos a Charla Ninja: guía de supervivencia para artistas freelance, impartida por Alberto Guitián, membro da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). Neste faladoiro didáctico darase conta das problemáticas e retos habituais ás que supón a labor os profesionais da ilustración, así como presentar as ferramentas e medios para enfrontarse a eles.