TEATRO PARA FAMILIAS
FUNCIÓNS: 11, 12,13,14,15 E 16 DE ABRIL
ENTRADA: 6 euros/persoa
IDADE: + 3 anos
O novo espectáculo para familias de @pedrasdecarton
Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. Mais ese día pasan os minutos e ninguén aparece... A partir de esta situación xogamos a desarmar os contos que todos coñecemos: Os tres porquiños, o Parrulo Feo, Brancaneves, a Bella e a Besta... e a Carapuchiña Vermella.
“Carapuchiña” é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por @juanconfeti e @panactivista que xoga coa historia cunha linguaxe xestual, case sen palabras, ambientada no mundo da panadaría tradicional.
Agardámosvos!
Entradas á venda en https://entradium.com/es/search
Organiza