Presentación de 'Manual de camuflaxe', de Samuel Merino

Tipoloxía
Presentación libros
Data
10/04/2026
horario
19:00 - 20:00
Localización
Avenida de A Coruña 21, 27003, Lugo
Modalidade
Presencial
Entrada
Gratuíto
Capacidade limitada
Si
Inscrición previa
Non
Público
Adulto

Presentación de 'Manual de camuflaxe'
Con Samuel Merino e Luís Valle



O venres, 10 de abril ás 19:00h, terá lugar na librería a presentación de 'Manual de camuflaxe', de Samuel Merino. O autor estará acompañado de Luís Valle, poeta. 


Sobre Manual de Camuflaxe (Ed.Xerais):


XIII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución. Nesa tensión entre o visíbel e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a nosa propia fraxilidade.