Presentación libro: «O pazo das marismas» de Alberte Blanco Casal

Tipoloxía
Presentación libros
Data
20/05/2026
horario
19:30 - 20:30
Localización
Montero ríos s/n, 36930, Bueu, Pontevedra
Modalidade
Presencial
Entrada
Gratuíto
Capacidade limitada
Si
Inscrición previa
Non
Público
Adulto

A Libraría Miranda organiza o 20 de maio a presentación do libro O pazo das marismas, de Alberte Blanco Casal. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, e o autor estará acompañado de Anxo González Guerra.


SINOPSE: Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenario de conspiracións e espionaxe internacional entre alemáns e británicos, cos intereses das grandes potencias sempre presentes. Cun estilo áxil e moi cinematográfico, a novela combina a intriga do thriller co plano histórico e a crítica social, conformando un relato coral onde cada personaxe garda segredos e ambicións. Os diálogos vivos e as descricións coidadas transpórtannos a un momento de encontro entre tradición e modernidade onde as relacións de poder, paixón e traizón se entrelazan.

Organiza