A Federación de Librarías de Galicia organiza o vindeiro 13 de outubro unha nova edición da súa Xornada profesional, que terá lugar no Centro GaiásTech, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, en horario de 10:00 a 18:00 h, con posibilidade de participación presencial e por streaming.
Será un espazo de formación, intercambio de experiencias e reflexión conxunta arredor dos retos actuais das librarías galegas. O programa contará con Xavi Vidal, da Libraría Nollegiu de Barcelona, que compartirá boas prácticas no sector libreiro; Diego Jiménez, de Coma Comunicación Creativa, cunha sesión sobre ferramentas tecnolóxicas aplicadas á imaxe corporativa das librarías; e unha tarde de grupos de traballo coordinados por Maitane Vicente, para identificar necesidades, compartir problemáticas e propoñer posibles liñas de actuación.
Inscríbete aquí: https://gaiastech.xunta.gal/es/actividades/jornada-federacion-de-librerias-de-galicia-2026
Agardámoste para compartir, aprender e seguir fortalecendo xuntas e xuntos o sector libreiro galego!
Organiza