Secretaria para Feiras do Libro (Galicia)

A Federación de Libreiros de Galicia abre proceso de selección para incorporar 1 persoa para labores de Secretaría en diversas Feiras do Libro que se desenvolverán en Galicia entre os meses de abril e agosto do 2026.

Se che gusta o ámbito cultural, tes boas habilidades de organización e atención ao público, e contas con dispoñibilidade, esta pode ser unha moi boa oportunidade!

     Datos principais da oferta

Posto: Secretaría para Feiras do Libro
Lugar: Galicia (traballo presencial)
Duración do contrato: 5 meses (duración determinada)
Xornada: completa
Beneficios: Aloxamento e dietas.

Principais funcións

A persoa seleccionada, baixo a coordinación do equipo responsable, encargarase de tarefas clave para o bo desenvolvemento das feiras, tales como:

·        Apertura e peche das feiras

·        Seguimento da actividade diaria e difusión da programación

·        Recepción e atención a autores/as e persoas convidadas

·        Atención e información ao público visitante

·        Xestión de cuestionarios de satisfacción e apoio en tarefas organizativas

·        Coordinación e apoio a provedores externos (megafonía, actividades, etc.)

Requisitos


·        Dispoñibilidade a partir do 23 de abril de 2026.

·        Carné de conducir e vehículo propio

·        Dispoñibilidade para traballar en fins de semana

·        Valorarase residencia habitual en A Coruña por cuestións de desprazamentos

Formación e perfil


·        Estudos mínimos: Ciclo Formativo de Grao Medio

·        Experiencia mínima: 1 ano

·        Idioma: galego (nivel intermedio)

·        Valorarase especialmente:

o   proactividade

o   capacidade de resolución

o   experiencia en atención ao público

 

Interésache? Anímate a participar no proceso de selección e formar parte da organización das Feiras do Libro en Galicia.

Inscríbete nesta oferta

Código de verificación