Santiago de Compostela, 02 de novembro de 2023.- Coincindo co 20º cabodano de Xela Arias, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) vén de facer pública a resolución do VI Premio Xela Arias que nesta edición recaeu na Asociación Galega de Editoras. A directiva da AGE manifestou a AGPTI o seu agradecemento por este premio que “recoñece o labor e a dedicación da AGE na promoción do libro galego e a visibilidade ao labor da tradución, cun diálogo aberto e directo entre profesionais e empresas”.
O xurado do VI Premio Xela Arias analizou, nos últimos anos, o aumento do xurdimento de editoras que teñen a tradución como unha das súas principais áreas de traballo; polo que o Xela Arias é, segundo manifestou a AGPTI, “a nosa forma de agradecer ese vínculo coa nosa profesión, cada vez máis profesionalizado”.
As gañadoras das pasadas edicións foron a tradutora María Alonso Seisdedos (2018), a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (2019), o proxecto cooperativo NUMAX (2020), a revista científica Viceversa e A Mesa pola Normalización Lingüística (2022).
A asociación galega de editoras recibe o VI Premio Xela Arias
06 Nov 2023