ANA BLANDIANA PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS 2024

Reunido en Oviedo o xurado do Premio Princesa de Asturias das Letras 2024, integrado por Xosé Ballesteros Rey, Xuan Bello Fernández, Branca Berasátegui Garaizábal, Jesús García Calero, Pablo Gil Cuevas, Francisco Goyanes Martínez, Lola Larumbe Doral, Aurora Luque Ortiz, Inés Martín Rodrigo, Juan Mayorga Ruano, Carmen Millán Grajales, José María Pou Serra, Ana Santos Aramburo, Irene Vallejo Moreu, Juan Villoro Ruiz, presidido por Santiago Muñoz Machado e actuando de secretario Fernando Rodríguez Lafuente, acorda conceder o Premio Princesa de Asturias das Letras 2024 á poeta romanesa Ana Blandiana.

Ana Blandiana é herdeira das máis brillantes tradicións literarias, á vez que unha creadora radicalmente singular. A súa escritura, que aúna transparencia e complexidade, expón preguntas fundamentais sobre a existencia do ser humano, en soidade e sociedade, ante a natureza e a historia. Mostrou coa súa poesía indómita unha capacidade extraordinaria de resistencia fronte á censura.

23 de maio de 2024