AS FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA PECHAN TEMPADA MELLORANDO AS CIFRAS DE ASISTENCIA DE 2022

A Federación de Librarías de Galicia valora “moi positivamente” o resultado da tempada de Feiras do Libro de Galicia, que abriu o pasado mes de abril en Ferrol e remataba esta fin de semana en Monforte.

 

As 14 Feiras do 2023 acadaron, de media, máis visitantes e mellores cifras de vendas que as de 2022.

 

Dende a directiva da Federación de Librarías esperan que as Feiras de 2024, nas que comezan xa a traballar, logren mellorar a participación dalgúns concellos.

 
 

A Coruña, domingo 3 de septiembre de 2023.-

 

Máis público, mellores vendas, e, en xeral, satisfación co desenvolvemento. Este é o resumo que a Federación de Librarías de Galicia fai da tempada de Feiras do Libro 2023, que comezaba o pasado 21 de abril en Ferrol e remataba este pasado 26 de agosto en Monforte de Lemos.

 

Entre medias, Compostela, Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. En total, 14 citas centradas na conexión entre lectores e escritores (máis de 70 en total, entre as 14 citas).

 

Os datos globáis son, en realidade, incontestables:

 

641 sinaturas de libros, 81 máis que de 2022, cunha asistencia final de 7850 persoas, 1749 máis que no ano anterior.

 

No tocante ao resto de activdades, ás Feiras do Libro de 2023 contaron cun total de 294 actividades, nas que participaron 8615 persoas, 22 actividades e 2097 asistentes máis que no 2022.

 

Ademáis, o 90% das librarías particiantes apuntan vendas un 5% por riba dos datos do ano pasado.

 

En total, as 14 Feiras do Libro de Galicia deste ano contaron coa participación de 102 librarías, 16 editoráis e 13 institucións.

 

Segundo apuntan dende a directiva da Federación de Librarías, o resultado, eminentemente positivo, mellora as cifras do 2022, primeiro ano considerado completamente post pandémico. “Este 2023 era a proba de lume para nos, porque as cifras do 2022 eran, evidentemente, mellores que no 2020 e no 2021, entre outras cousas, porque eses anos viñeron marcados pola crise da COVID, polo que o reto real era comprobar que, coa normalidades completamente instalada e coas cifras dun ano sen restriccións como marca, eramos capaces de acadar mellores datos. E así foi”, apunta Ramón Domínguez, presidente da entidade.

 

A directiva da Federación de Librarías de Galicia traballa xa na preparación da edición 2024 do que é un dos circuitos de feiras do libro máis importantes de España, con algunhas metas ven claras no horizonte. “Queremos mellorar a participación pública, como xa viñemos comentando. Asinar o convenio co Concello da Coruña que permita mellorar o finanzamento da Feira do Libro máis grande de Galicia, atopar a ubicación perfecta para a Feira do Libro de Vigo, que leva anos itinerando sen atopar o espazo óptimo para a súa celebración, e lograr a participación do Concello de Ourense, un dos grandes concellos galegos, co que nos gustaría chegar a un entendemento para o finanzamento do evento”, apuntan dende a directiva.

 

O circuito de Feiras do Libro de Galicia conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, e a maioría dos concellos acolledores participan no finanzamento das actividades. Nos dous últimos anos a proposto contou tamén cun colaborador privado, Cafés Candelas, o que pemitiu programar en todas a feiras interesantes charlas literarias con autores de orixe galego.

 

A Federación de Librarías de Galicia

 

A Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente  por 147 librerías de toda Galicia, que leva 45 anos traballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentando o crecemento dos lectores con diversas campañas.