BEA LEMA, Premio Nacional de Banda Deseñada 2024

Bea Lema foi galardoada co Premio Nacional de Banda Deseñada, correspondente ao ano 2024, a proposta do xurado reunido hoxe. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 30.000 euros.

O xurado destacou a súa obra ‘El cuerpo de Cristo’ (Astiberri) por “ser unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade pola maneira de abordar un tema tan complexo como o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así como a reivindicación da importancia dos coidados”.

Así mesmo, o xurado sinalou que ‘El cuerpo de Cristo’ de Bea Lema “é unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que utiliza recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”.

Premio Nacional