DOCE LIBRARÍAS GALEGAS PARTICIPAN NO CONCURSO DE ESCAPARATISMO CONVOCADO POLA FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS CO GALLO DO DÍA DE ROSALÍA

A Coruña, luns 24 de febreiro de 2025.-

A figura de Rosalía de Castro protagoniza este mes de febreiro os escaparates de moitas librarías galegas, entre elas, as doce que participan no Concurso de Escaparates convocado pola Federación de Librarías de Galicia, un certamen que busca reivindicar á literata e pensadosa galega e, ao mesmo tempo, incentivar a creatividade das librarías asociadas.

Unha ducia de librarías animáronse a participar nesta nova edición do Concurso de Escaparates. Agora toca ao xurado, nomeado pola Fundación Rosalía de Castro, determinar o escaparate gañador, que recibirá como premio unha visita guiada para 4 persoas ó Pazo da Matanza e un bolso da escritora da marca Animosa.

O faio do xurado será público a vindeira semana, pero, mentres tanto, todas as persoas que o desexen poden achegarse a coñecer os escaparantes participantes ou ben atopar as súas imaxes nas redes sociais da Federación de Librarías de Galicia.

 

Listado de librarías participantes

 

  • Libraría ANAGRAMA, Arzúa

 

  • Libraría BRAÑAS VERDES, Carballo

 

  • Libraría COPI-REY, O Porriño

 

  • Libraría COUCEIRO, A Coruña

 

 

  • Libraría LILA DE LILITH, Santiago de Compostela

 

  • Libraría MOBBY DICK, Coruxo

 

  • Libraría NOBEL A CORUÑA, A Coruña

 

  • Libraría NOBEL AROUSA, Vilagarcía Arousa

 

  • Libraría NOBEL INTERNACIONAL Ourense, Ourense

 

  • Libraría NOBEL MARÍN, Marín

 

  • Libraría NOBEL PONTEVEDRA, Pontevedra

 

 

  • Libraría PORTO, Ponteareas

 

 

 

 

 

 

 

 

Rosalía