Libros contra o xenocidio

A voz das librarías de Galicia fronte ao xenocidio en Palestina

Corren tempos de incerteza e de dor pola violencia extrema dun Estado, Israel, que leva xa demasiados meses masacrando á poboación palestina nunha serie de accións que só poden ser cualificadas como xenocidio. Ante esta realidade, o mundo da cultura e, en particular, o sector do libro, ten a responsabilidade de erguer a súa voz. As librarías de Galicia non podemos permanecer silentes ante o que está a acontecer en Palestina. Estamos convencidas de que os libros son unha ferramenta esencial para a comprensión, a denuncia e a solidariedade, e que é o noso deber ético pór o foco no xenocidio e denuncialo desde todas as canles coas que contamos.

Non se trata tan só de que os libros sexan testemuñas do que está a acontecer: son tamén a base para que non se borre a memoria dun pobo. A limpeza étnica busca destruír vidas e territorios, mais tamén unha identidade e unha arte con séculos de historia. Por iso, a importancia de protexer e difundir a cultura palestina é máis importante ca nunca. Cada libro queimado, cada arquivo esnaquizado, cada poeta asasinada é un golpe contra a humanidade toda. Por iso, preservar e difundir a cultura palestina converteuse nunha forma de resistencia contra o esquecemento e a negación da existencia do pobo de Palestina.

As librarías de Galicia queremos reafirmamos no noso compromiso histórico coa paz, a xustiza e os dereitos humanos. Nós sempre fomos refuxio para as ideas libres, o debate aberto e os pensamentos críticos. Hoxe, máis ca nunca, queremos converter as nosas librarías en trincheiras da memoria e da dignidade humana. Non podemos ser cómplices do silencio mentres se comete un xenocidio ante os nosos propios ollos e os do mundo enteiro. É a nosa responsabilidade achegar ás lectoras e lectores as voces que denuncian esta realidade e os libros que contribúen a comprender as raíces históricas deste conflito. Porque son os libros armas poderosas fronte á barbarie.

Convidámosvos a pasar polas nosas librarías e coñecer de primeira man os libros que temos ao voso dispor sobre Palestina. A través desta coidada selección de libros de ensaio, narrativa e poesía, ofrecemos ferramentas para entender a complexidade da situación palestina. Desde as análises rigorosas de historiadores como Ilan Pappé até as voces emocionadas de autoras como Adania Shibli, pasando pola poesía de resistencia e os testemuños das mulleres palestinas, esta bibliografia convida a unha reflexión profunda sobre a xustiza, a memoria e a solidariedade. Cada un destes títulos é unha xanela aberta á comprensión dunha realidade que non podemos seguir a ignorar.

Hoxe, ler sobre Palestina é un acto de resistencia contra a desinformación e o esquecemento. É unha forma de honrar a memoria das vítimas e de apoiar a loita dun pobo que resiste con dignidade. 

LISTADO LIBROS SOBRE PALESTINA

Ensaio

  • Palestina. Anatomía de un genocidio. VVAA. Txalaparta-Tinta de Limón-LOM ediciones.
  • Un siglo deresistencia en Palestina. Historias de solidaridad y activismo. Txus Blanco Fernández. Prólogo de Alys Samson Estapé e a colaboración de Maha Abdallah. Icaria.
  • Historia del movimiento de mujeres en Palestina. MAra Gijón Medigutia. Txalaparta.
  • Palestina. Heredar el futuro. Luz Gómez. Catarata.
  • ¡Y el pájaro voló!. Montserrat Rabadán Carrascosa. Miraguano Ediciones
  • BDS por Palestina. Luz Gómez (ed). Ediciones del Oriente y del Mediterráneo
  • Hijas de la Nakba. Voces de mujeres palestinas. Estela Vidal (entrevista). Ediciones el Salmón
  • Historia oculta de la creación del estado de Israel. Alison Weir. Capitán Swing
  • Palestina, la tierra estrecha. Crónicas de la ocupación israelí. Beatriz Lecumberri. Editorial Big Sur
  • Palestina: la existencia negada. Teresa Aranguren Amézola. Ediciones del Oriente y del Mediterraneo
  • Reconocer al extraño. Sobre Palestina y el relato. Isabella Hammad. Editorial Anagrama
  • Sobre Palestina. Hannah Arendt. Taurus
  • Palestina. Khalidi, Rashid. Capitán Swing
  • La limpieza étnica de Palestina. Pappé, Ilan. Booket
  • Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina. Illan Pappé, traducida por Carlos Aymerich. Editorial Galaxia
  • La cuestión palestina. Said, Edward W. DeBolsillo
  • Nuevas crónicas palestinas. Edward W. Said. DeBolsillo
  • Palestina.Paz sin territorios. Edward W. Said. Txalaparta

 

Narrativa

  • El sueño del olivar. Una historia de Palestina. Deborah Rohan. DeBolsillo.
  • Palestina en pedazos. Lina Meruane. Random House.
  • Un detalle menor. Shibli, Adanía. Hoja de lata.
  • Um detalhe menor. Shibli, Adanía. Hoja. D Quixote (portugués).
  • Gaza no se calla. Gaza responde. R. Alareer e L.e-Haddad (eds). Irrecuperables
  • Guerra medioambiental en Gaza. Shourideh Molavi. Levanta Fuego
  • Las violaciones de los derechos fundamentales de Israel. Claves históricas y jurídicas. Siba Irsheid. Asociación Los libros de la Catarata
  • O azul entre o ceo e auga. Susan Abulhawa. Rocío Viéitez Ferro(trad). Editorial Laiovento
  • Saboreando el cielo. Una infancia Palestina. Ibtisam Barakat. Editorial Bambú
  • Un mapa do lar. Randa Jarrar. Benxamín Constante(trad). Editorial Hugin e Munin

Poesía

  • Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina. VVAA. Tempo Galiza Editora
  • Somos palestinos. Una celebración de la cultura y la tradición. Reem Kassis, Noha Eilouti. Art Blume
  • A balada do exilio, de Xulio Cid Neira (Saurobuks)

Álbum Ilustrado

  • Mi olivo. Hazar Elbayya. Edicions Bellaterra

Banda deseñada

  • Guerra en Gaza, Joe Sacco. Rinoceronte editora
Palestina