Manuel Jabois: "A quen lle contarías ti que ves pantasmas?"

Antes de emprender novos proxectos na ficción escrita, Manuel Jabois (Sanxenxo, 1978) pecha con Mirafiori (Alfaguara, 2023) a triloxía que abriu con Malaherba (Alfaguara, 2019) e continuou con Miss Marte (Alfaguara, 2021). Os tres libros comparten escenarios, perfís de personaxes e xeito de narrar, configurando en conxunto un universo literario particular moi marcado pola identidade do autor. Non comparten entre si entramados narrativos. Son tres historias independentes. Amor e morte mestúranse nesta última, que chega ás librerías o 5 de outubro. Jabois comezou a súa carreira no Diario de Pontevedra en 1998, onde traballou ata 2013. Estivo dous anos en El Mundo antes de fichar por El País, onde asina dende 2015. O seu debut literario tivo lugar coa A estación violenta (Rinoceronte, 2006). Dende entón ten publicado catro novelas e cinco títulos de non ficción. Como columnista ten gañado, entre outros, os premios Julio Camba e Mariano de Cavia.

Ler a entrevista completa de Belén López a Manuel Jabois aquí