Miriam Reyes foi galardoada co Premio Nacional de Poesía, correspondente ao ano 2025, pola súa obra ‘Con’ (La Bella Varsovia). O premio, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 30.000 euros.
O xurado elixiu a súa obra ‘Con’ por “ser un poemario que participa da conversación pública no que respecta ás posibilidades dos vínculos. A voz da autora traza con forza e orixinalidade o territorio do mutuo, ata darlle un excepcional sentido cósmico. O compás da obra céntrase nas dimensións da relación co outro. E faino desde unha intelixencia lingüística que pensa e conmove, mentres escribe, desde a nudez da conciencia e do corpo”.
Así mesmo, o xurado sinalou que Miriam Reyes “conseguiu unha estrutura arquitectónica moi suxestiva, onde a sonoridade e o ritmo fan de ‘Con’ un excelente poemario que, sendo agudo conceptual, interpela e desviste todas e cada das nosas emocións”.
O premio recoñeceu na súa pasada edición a Chus Pato, uníndose a unha ampla lista de galardoadas, entre quen se atopa Miren Agur Meabe, Yolanda Castaño, Aurora Luque, Olga Novo, Pilar Pallarés ou Antònia Vicens, entre outras.