Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023. Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria e editorial en Galicia durante o ano 2022, escolleron aos seus finalistas para esta octava edición que suman trinta e nove candidato/as entre títulos, iniciativas, proxectos e profesionais. As gañadoras dos premios Follas Novas 2023 daranse a coñecer na gala a celebrar o vindeiro 22 de abril no Teatro Principal de Compostela. Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia.
As trinta e nove obras finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de catro fases e que supón unha lectura e valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso supón unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que supuxo a selección dun cento de títulos entre os publicados ao longo de 2022. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolma da que resultaron escollidas as candidatas en cada categoría. A terceira fase de selección é a actual, na que o xurado escolleu as obras finalistas por cada categoría. O proceso terá o seu cumio o sábado, 22 de abril de 2023, co anuncio das obras, iniciativas e profesionais gañadoras. Nese día celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela a xa tradicional gala de entrega de premios Follas Novas do Libro Galego.
Listado Finalistas dos Premios Follas Novas 2023
PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia
A música das palabras. Darío Xohán Cabana. Edicións Xerais de Galicia
Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza. María do Cebreiro. Editorial Galaxia
PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo. Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Editorial Galaxia
O libro negro da lingua galega. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia
Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña
PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
Non penses nun elefante rosa. Antía Yáñez. Edicións Xerais de Galicia
Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia
O tradutor de sombras. Moncha Fuentes. Edicións Xerais de Galicia
PREMIO Á OBRA INFANTIL
Animalario de ler a diario. Eduard Velasco (autor), Nuria Díaz (ilustradora). Edicións Xerais de Galicia
O gran libro da nosa horta. Blanca Millán. Edicións do Cumio
O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R. (lustrador). Edicións Xerais de Galicia
PREMIO Á OBRA XUVENIL
A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia
A lebre mecánica. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
Que me pare o corazón se te esquezo. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia
PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
Cando leo. Bea Gregores, (autora, Eva Mejuto). Edicións Xerais de Galicia
Verme. Federico Fernández. Germán González. Kalandraka Editora
Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. Ramón D. Veiga (autor), Iván R. (ilustrador) Edicións Embora
PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Miñoca e pega. Iván Raña, Ramón Veiga. Edicións Xerais de Galicia
Pequena historia de Vigo. Pedro Feijoo, Xosé Tomás. Edicións Embora
Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo e Brais Fierro. Demo Editorial
PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero). VV. AA. Edición de Marta Dacosta. Chan da Pólvora Editora
Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Entre leiras e labores (antoloxía verbo-visual de autoras galegas). VV. AA. Editado por Inma Doval. Editora Urutau
PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Carol. Patricia Highsmith / Traducido por María Alonso Seisdedos. Kalandraka Editorial
Léxico familiar. Natalia Ginzburg/ Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento
O verán en que miña nai tivo os ollos verdes. Tatiana ?îbuleac / Traducido por Andreea Birsanu. Rinoceronte Editora
PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Barroco. Antía Otero. Apiario
Materia. Yolanda Castaño. Edicións Xerais de Galicia
Montaña Ioga. Lupe Gómez. Edicións Espiral Maior
PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia
Chévere (1987-2022).Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Estrela… fugaz? Carlos Labraña. Editorial Galaxia
PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
Barroco. Antía Otero. Apiario
Chévere (1987-2022), Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora
PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Canle de Youtube de Neeumatiko
Surfeando libros
Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña