Santiago de Compostela, 9 de maio de 2026. Os premios Follas Novas volveron a celebrar en Santiago o talento arredor do sector do libro galego e a reivindicar, outra volta, a imprescindible visibilidade na sociedade para acompañar ao bo momento que vive o mundo do libro en todo o seu proceso, desde a escrita ás librarías. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago e repasou a actividade do sector do pasado ano 2025. A ceremonia deste ano foi conducida e musicada por Unha señora orquestra, formada por Ailén Kéndelman e Areta Bolado.
Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Fedración de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.
Discurso institucional
Miguel Toval presidente dos editores, en nome das tres asociacións convocantes reclamou na súa intervención unha maior visibilidade para o libro galego. Toval repasou a actividade do sector do libro e lembrou que a pesar de ser un sector cada vez máis premiado e recoñecido este éxito non se ve acompañado por unha mellor posición na sociedade, “A literatura galega suma ano tras ano premios e recoñecemento crítico, mais o sector editorial –a parte industrial da cadea do libro– afronta descensos sostidos de facturación e cota de mercado interno nun contexto de retroceso constatado do uso social da lingua. Melloran os índices lectores, pero non a lectura na lingua propia”. O presidente de AGE lembrou tamén as melloras que este ano se realizaron no proceso dos premios, desde a ampliación dos xurados ata a nova imaxe que este ano se estrenou, realizada polo deseñador Pepe Barro.
Premios honoríficos
Cada unha das tres asociacións organizadoras entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais, nos que se salienta unha figura das letras, unha editorial ou persoa destacable do mundo editorial e unha libraría. Os galardóns que se entregaron na gala foron para a libraría coruñesa Moito Conto, para a editorial Galaxia e para o escritor palestino Basim Al-Khandaqji.
Premios FLG | Moito Conto
O premio de honra que decide todos os anos a Federación de Librarías de Galicia recaeu neste ano na libraría coruñesa Moito Conto por ser unha libraría activa e dinámica e por contribuír a que o libro e a lectura teñan unha presenza constante na súa cidade, mantendo unha relación moi próxima cos lectores.
Premio AGE | Editorial Galaxia
A Asociación de Editoras Galegas distingue todos os anos a unha editorial ou a unha persoa relacionada co mundo editorial e literario. Este ano, o premio foi recollido pola editorial Galaxia, xusto no ano no que a editorial galega alcada o seu 75 aniversario cunha historia que a converte nunha das máis importantes empresas culturais do país e unha das pezas fundamentais da cultura galega na súa historia.
Premio AELG Escritor Galego Universal | Basim Al-Khandaqji
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galegas designa cada a ano a unha escritora ou escritor para incorporalo á vida literaria galega. Esta denominación busca irmanar a escritores doutras linguas co galego e aproximar a literatura galega a outras literaturas. A designación deste ano foi para Basim Al-Khandaqji, (Nablus, 1983) gañador do premio internacional de Ficción Árabe por “Unha máscara da cor do ceo”. Tamén gañou o premio Booker Árabe. Aos 21 anos foi detido e estivo no cárcere arredor de vinte anos. O escritor non puido, finalmente, recoller o recoñecemento dos escritores e escritoras galegas por dificultades para conseguir un visado para viaxar desde Exipto a España.
OBRAS PREMIADAS NOS FOLLAS NOVAS 26
PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes. Alba Rodríguez Saavedra. Laiovento.
PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia? Susana Reboredo Morillo (Coord.) Editorial Galaxia
PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
Punto de araña. Nerea Pallares. Editoral Galaxia
PREMIO Á OBRA INFANTIL
O Peculiar. Érica Esmorís. Cuarto de Inverno
PREMIO Á OBRA XUVENIL
Unha historia de amor como outra calquera. Rosa Aneiros. Editorial Galaxia
PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
A panadería. Lucía Belarte e David Lorenzo. Kalandraka
PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Rosalía Oculta. Paula Mayor. Editorial Galaxia
PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Guia ilustrada do Entroido Galego. Alba de Evan, Xabier Domínguez, Iria Prol. Edicións Xerais
PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
A máis recóndita memoria dos homes. Mohamed Mbougar Sarr (María Alonso Seisdedos). Aira
PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Mapa da estría. Andrea Nunes Brións. Chan da Pólvora
PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
O proceso. Apaga o candil. Cándido Pazó. Editorial Galaxia
PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
A caligrafía das espigas. Carlos Negro. Apiario
PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Club de lectura feminista A Lila + A Sega