A Federación de librarías de Galicia entregará o Premio Honorífico Follas Novas 2025 a Rafael Silva Costoyas, cofundador da libraría Follas Novas de Santiago.
Rafael é moitas cousas, teólogo, erudito, profesor, escritor, pero sobre todo libreiro.
Tras pasar polo seminario de Santiago, cursou estudos teolóxicos na Universidade de Salamanca, onde se graduou. No ano 1961, a idade de 24 anos, na mesma universidade, defendía con aplauso unanime do tribunal, a sua tese de doutor,que preparara en Alemania. Dende 1961 a 1964 estudou ciencias bíblicas en Roma. Foi nomeado profesor de Teoloxía Fundamental, e mais tarde de Sagrada Escritura en Santiago e Burgos. Foi director do Centro de Estudos Xacobeos e profesor na Facultade de Teoloxia do Norte de España, e no Seminario Maior de Santiago.
Conta, con varios libros publicados, e centos de artigos.
Abandonou a carreira eclesiástica no ano 1971, para fundar a Libraría Follas Novas, xunto con seu irma Amador. Tiña una idea moi clara, a de achegar os libros a xente, que os poideran tocar, sacalos das vitrinas que era como estaban en case todalas librarías.
Recorda que os primeiros libros que se compraron foron buscalos nun Simca a Vigo.
Os comenzos foron duros, pero pouco a pouco foise abrindo camiño, de ter 75 metros a chegar case ata os 1000 que ocupa o día de hoxe, e ter case 20 empregados.
O mesmo tempo que a Libraría comenzaba a camiñar, comenzouse a coeditar algún libro coa editorial Castrelos de Vigo, e a mais tarde xa como Edicións Follas Novas.
Tamen se fixo importadora para poder traer libros de afora, cousa que nos axudou moito, porque non había quen os tuvera.
Despois de 54 anos alí sigue Rafael ao pe de cañón, entre os seus libros, os seus artigos e os seus clientes.