Xornada "As librarías, un ecosistema posible para o libro galego"

Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela
Mércores, 12 de marzo de 2025

Van aló máis de dúas décadas do augurio de que o libro en papel desaparecería como resultado da irrupción da lectura en formato dixital. Nelas, os libros en papel e a súa materialidade amosaron non só a súa capacidade de resistencia, senón ademais, sobre todo, as súas funcións imprescindibles na contemporaneidade. Mais, se o libro resistiu, foi en boa parte tamén grazas ás librarías, a eses espazos que lles dan acubillo, que os fan medrar e expandirse e que tiveron que reinventarse e mudar a través da especialización, da proposta de actividades singulares e da dinamización de comunidades diversas.

Esta xornada pretende explorar as posibilidades das librarías como ecosistemas posibles para o libro galego no século XXI, polo que procura responder a preguntas como estas: cales son os seus retos?Cales as súas apostas? Como de diversos os seus perfís? A que públicos lles falta por chegar? Que elementos lles poden axudar a consolidarse na súa contorna? Ao abeiro de que iniciativas poden seguir agromando? E, moi especialmente, que espazo teñen o lectorado e o libro galego nelas?

Imaxe da portada: Iria Pena

Programa

16:30 horas
Presentación

16:45 horas
A libraría como refuxio e trincheirado libro galego
Celia Fernández Clemente, libreira de Espazo Lector Nobel
Presenta: Dolores Vilavedra

17:30 horas
Gromos singulares. Modelos posibles de librarías en Galicia
Modera:Ana Luna Alonso
Cielo Fernández Fernández, libreira da Librería Bahía e presidenta da FLG
Juan Rodríguez Santiago, libreiro de Galgo Azul
Mon Vilar Figueirido, libreira da Libraría Lila de Lilith

18.45 horas
Un hábitat acolledor. Espazos decolaboración coas librarías
Modera: Montse Pena Presas
María Pousa, coordinadora da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia
Ángeles Pacoret, responsable da Praza dos Libros e concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística do Concello de Carballo
Yaiza Peixoto, presidenta da Asociación Espazo Lectura de Gondomar

20:00 horas
Peche da xornada


Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)

Colabora
Federación de Librarías de Galicia

Coordinan
Rosalía Fernández Rial
Montse Pena Presas

Lugar
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Inscrición
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Máis información
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal

 

Xornadas