Xosé Cobas: "A ilustración literaria enganchoume de tal maneira que fun sendo menos pintor"

—Con máis de 200 libros ilustrados, como chegou a dedicarse a esta profesión?
Sempre digo que son ilustrador por accidente. Eu procedo do mundo da pintura e nunca me propuxen nada similar ao que fago agora. O que pasa é que nun momento determinado, o escritor Xabier P. DoCampo cruzouse pola miña vida. Coñecémonos nos anos 80 nunha exposición, comezamos a falar, veu ao meu estudo, gustoulle o que facía e comezamos a colaborar. Aínda que eu xa ilustraba para a prensa e revistas culturais, o primeiro libro que eu ilustrei foi A nena de auga e o príncipe de lume, cos textos de Xabier. Enganchoume de tal maneira que cada vez fun sendo máis ilustrador e menos pintor, porque o día tiña as mesmas 24 horas

Ler a entrevista completa aquí