A Federación de Libreiros de Galicia é unha institución sen fins de lucro que foi constituida en 1977 por un grupo de libreiros e libreiras comprometidos. Integrada actualmente por máis de 145 librarías de toda Galicia, leva máis de 45 anos traballando pola defensa dos os intereses comúns do sector, e fomentar o crecemento dos lectores con diversas campañas.
Quero formar partePara o cumprimento dos seus fins, a Federación utiliza, entre outros, os seguintes medios:
Nos órganos administrativos e privados nos que se estableza a representación dos intereses relacionados co libro.
Cando sexa solicitada a súa concorrencia, na política libreira e bibliográfica e intervirá directamente naquelas actividades que afecten ó mercado do libro, á comercialización e aos intereses profesionais dos asociados.
Participación activa en datas especiais para o fomento do libro: o Día das Letras Galegas, o Día do Libro, e Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Fomenta e organiza feiras do libro tanto locais como de ámbito territorial da Federación.
Organiza ou colabora na organización de actividades culturais, recreativas ou sociais.
Premios Follas Novas.